Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTOS (15 e 57/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo verbal civil acumulados números 15 e 57 de 1995, notifícaselle á demandada Margarita Quinteiro Cisneros a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado baixo os números 15/1995 e 57/1995, acumulados, entre partes, como demandante no primeiro e demandado no segundo Manuel Garrido López, maior de idade, casado, empregado, veciño de Ames, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Magallanes Pereira, como demandante no segundo e demandado no primeiro, a entidade Previsión Sanitaria Nacional, domiciliada en Madrid, representados en autos polo procurador Reymóndez Portela, asistidos da letrada Millán Acosta, como demandados no primeiro, Jesús Illade Cerdeira, maior de idade e veciño de Ames e Margarita Quinteiro Cisneros, maior de idade e veciña desta cidade, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, como demandada no segundo a entidade Aegón Unión Aseguradora, Sociedad Anónima de Seguros e Reaseguros,

domiciliada en Madrid, representada en autos polo procurador

Regueiro Muñoz, asistido do letrado Magallanes Pereira, sobre reclamación de certa cantidade por culpa extracontractual.

Decido:

1. Que, estimando en parte a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Garrido López, contra a entidade Previsión Sanitaria Nacional, á que representa o procurador Reymóndez Portela e Jesús Illade Cerdeira e Margarita Quinteiro Cisneros, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno os demandados a satisfaceren en forma solidaria ó demandante a suma de 67.236 ptas., a que producirá, respecto da citada aseguradora, o xuro anual do 20% desde a data do sinistro. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

2. Que, estimando a demanda interposta polo procurador Reymóndez Portela, en nome e representación da entidade Previsión Sanitaria Nacional, contra Manuel Garrido López e a entidade Aseguradora Aegón, S.A., ós que representa o procurador Regueiro Muñoz, debo absolver e absolvo ós demandados dos pedimentos contidos nela, condenando a demandante ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fáiselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

Para que sirva de notificación á demandada Margarita Quinteiro Cisneros, declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de Compostela, trece de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7804