Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 13 de setembro de 1995.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 13 de setembro de 1995 da Universidade de Santiago de Compostela pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia.

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distina. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

-Posto de traballo: secretaria de Dirección para o Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Mª del Carmen Gil Barcia.

DNI: 33.228.488.

-Posto de traballo: secretaria de Dirección para o Vicerrectorado de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Jesús Juan Lamas Alvariño.

DNI: 32.631.889.

9507806