Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.743

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (406/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o

seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 406/1995, por instancia de Ángel Brey Castro, representado polo procurador Barreiro Fernández, sobre reclamación de cantidade; por medio da presente cédula emprázase o demandado Juan Domingo Campos Rúa, con último enderezo coñecido no lugar de Sarnón, parroquía de Santo Ourente, Outes-A Coruña, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, Juan Domingo Campos Rúa, a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

8484