Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria da contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a redacción de proxectos de construcción de centros de exposición permanente de recursos comarcais para as localidades do Carballiño, Celanova e Tabeirós (A Estrada), polo sistema de concurso por procedemento aberto.

1. Obxecto do contrato: constitúe o obxecto deste contrato a contratación, mediante expediente anticipado de gasto, de traballos específicos e concretos non habituais para a redacción de proxectos de construcción de centros de exposición permanente de recursos comarcais para as localidades do Carballiño, Celanova e Tabeirós (A Estrada).

2. Prazo de execución: tres meses.

3. Orzamento: 12.000.000 de pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública ós días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: non se esixe.

7. Clasificación esixida: grupo II, subgrupo IV e categoría B (só para persoas xurídicas).

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día en que se cumpran 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

10. Apertura de proposicións: o acto de apertura será público e terá lugar, ante a mesa de contratación, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso en que o día así sinalado, que corresponde face-la apertura, fose sábado, efectuarase esta, o primeiro día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8485