1. Obxecto do contrato: constitúe o obxecto deste contrato a contratación, mediante expediente anticipado de gasto, do servicio de mantemento integral dos vehículos do parque móbil da Xunta de Galicia (PMX) dependente da Consellería da Presidencia e Administración Pública, tanto nos adscritos ós servicios centrais como nos parques provinciais respectivos.
2. Prazo de execución: un ano.
3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública ós días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.
4. Fianza provisional: 725.000 pesetas.
5. Fianza definitiva: 1.450.000 pesetas.
6. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día en que se cumpran 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
8. Apertura de proposicións: o acto de apertura será público e terá lugar, ante a mesa de contratación, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso en que o día así sinalado, que corresponde face-la apertura, fose sábado, efectuarase esta, o primeiro día hábil seguinte.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
95-7942