Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de novembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número OR-00403-O-95 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumpri

mento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense o 20 de novembro de 1995.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OR-00403-O-95

V-9426-BC

G.C. Tráfico

3201/34947456

Sánchez Escudero, Hilario

Torres Miranda, 2

Madrid

Non realiza-lo visado da autorización de transportes no prazo determinado pola Administración.

14-3-1995; 18.25; N-525; 188

Art. 142 N LOTT

Art. 199 N ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000

OR-00404-O-95

M-12274-R

G.C. Tráfico

3201/34947456

Sánchez Escudero, Hilario

Torres Miranda, 2

28005 Madrid

Non realiza-lo visado da autorización de transportes no prazo determinado pola Administración.

14-3-1995; 18.25; N-525; 188

Art. 142 N LOTT

Art. 199 N ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000

OR-00451-O-95

OR-8086-I

G.C. Tráfico

3201/34920367

Pescados Álvarez

Domínguez, S.L.

P. Pesquero Tinglado

Gral. 8

Vigo

36208 Pontevedra

Circular efectuando un transporte privado complementario, de peixe fresco desde Pontevedra a Bande, carecendo da tarxeta de transportes.

22-3-1995; 12.30; N-540; 30

Art. 142 B LOTT

Art. 199 B ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

5.000

95-7584