Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 139-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000, A Coruña.

Denominación: RR.BB.TT. en diversas parroquias.

Situación: Laracha e Arteixo.

Características técnicas: liñas eléctricas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e pasadas sobre fachadas e con conductores R.Z. de 95,50 y 25 mm Al e en conductor espido L.C. de 80,56 e 28 mm Al, de 4.162 m e 7.404 m de lonxitude respectivamente, nos lugares de Vilarmaior, Vilar, Polico, Vilar de Bois, Seixo, Fieital, Cerdeira, San Fins, Lemaio, Ramo, Formigueiro, Braña Grande, Marfulo, Canedo, Amieiro, Raxido e Poza de Vigo. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7725