Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 119-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000, A Coruña.

Denominación: L.M.T. Brañas de Ferreira-Xestal.

Situación: Laracha (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.271 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte do C.T. Xestal e remata na L.M.T. Brañas

de Ferreira-Igraxario de Montemaior (Expte. 7596). Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7726