Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Intercao, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Intercao, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-10-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 25-9-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 16 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Intercao, S.L.

Artigo 1º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aprobaron e subscribiron o texto deste convenio estivo constituída do seguinte xeito:

Pola parte económica:

Alfonso J. Alonso Rodríguez, como administrador da empresa.

Pola parte social:

Antonio Lobariñas Álvarez, delegado de persoal.

José Enrique Soage García

Como secretario de actas:

Guillermo Pérez Costas

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais da empresa Intercao, S.L., e afecta todo o persoal pertencente actualmente ó cadro de persoal, así como ós traballadores que ingresen durante a vixencia deste.

Artigo 3º.-Vixencia-denuncia.

O presente convenio terá unha vixencia dun ano e entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 1995 e rematará o día 31 de decembro de 1995, prorrogarase tacitamente por períodos anuais, agás denuncia de calquera das partes, con tres meses de antelación, polo menos, á data do seu remate.

A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras contidas neste convenio unicamente poderán ser absorbidas ou compensadas por aquelas melloras legais ou regulamentarias que no futuro se establezan, consideradas en cómputo global e anual.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral anual de 1.743,75 horas de traballo efectivo, distribuídas de luns a venres de 7.30 a 15.30 horas, cun descanso de 15 minutos, para bocadillo a cargo da empresa.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Devengaranse horas extraordinarias cando as necesidades de traballo o requiran, como reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así coma no caso de risco de perda de materia prima ou productos rematados, por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural.

Artigo 7º.-Permisos retribuídos.

O traballador, avisado coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Por matrimonio: 15 días naturais

b) Por falecemento do cónxuxe, parella estable, pais ou fillos: 5 días naturais

c) Por falecemento de irmáns, pais políticos, avós ou netos: 3 días naturais

d) Por enfermidade grave do cónxuxe, parella estable, pais, fillos ou irmáns, e por nacemento de fillo: 3 días naturais

Se cómpre o desprazamento a outras localidades nos casos c) e d) incrementarase o permiso nun día.

Artigo 8º.-Vacacións.

Constarán de 30 días naturais, e para o seu desfrute poderá pactarse o seu fraccionamento, de común acordo.

Polo menos un período de 15 días deberá desfrutarse de forma continuada.

Artigo 9º.-Salarios base.

Para o ano 1995 estes salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa, e serán as bases do cómputo para tódolas restantes percepcións de índole salarial.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Os traballadores ó servicio da empresa afectada polo presente convenio percibirán como premio de antigüidade dez trienios ó 6% do salario base de cada un deles. Para este efecto, computaranse os períodos de aprendizaxe.

O módulo para o cálculo e aboamento do complemento persoal de antigüidade será o último salario base percibido polo traballador. Este premio quedará supeditado nos seus límites á normativa de categoría superior establecida, ou que se puidese establecer.

O comezo do seu aboamento terá lugar desde o primeiro día do propio mes do seu cumprimento.

Se existise persoal fixo de campaña, desfrutará deste incremento, pero computándose cada 12 meses de campaña por un trienio.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse nos meses de xullo e decembro e consistirán nunha mensualidade de salario base máis antigüidade cada unha delas.

Estas gratificacións faránselles efectivas ó traballador que ingresase no transcurso do ano, ou cesado durante este, en proporción ó tempo traballado, para o cal a fracción do mes computarase como unidade completa.

Artigo 12º.-Participación en beneficios.

Con carácter de participación en beneficios, a empresa aboaralles ós seus traballadores unha gratificación equivalente a 30 días de salario base máis antigüidade correspondente, o seu pagamento efectuarase na segunda quincena de febreiro.

Esta gratificación será percibida por todo o persoal da empresa, incluídos aqueles que ingresen ou cesen nela durante o ano, os que cos eventuais ou interinos, percibirán en proporción ó tempo traballado.

Artigo 13º.-Suplido por gastos de transporte.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito á percepción dun plus de transporte na contía de 9.562 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional dos días de falta ó traballo, a través da fórmula seguinte:

(9.562/(nº de días laborables/mes)) x nº de días de faltas

As cantidades percibidas por este concepto non terán a consideración de salario a ningún efecto, polo que non se computarán para o caso de antigüidade, gratificacións extraordinarias, vacacións, etc.

O persoal de vendas que realice a súa tarefa con vehículo propio, así recoñecido pola dirección, percibirá a cantidade compensatoria de 22 pesetas por quilómetro percorrido.

Artigo 14º.-Quebranto de moeda.

O persoal que habitualmente efectúa pagamentos e cobros de facturas percibirá por este concepto a cantidade de 12.768 pesetas mensuais.

Artigo 15º.-Novas categorías laborables

Sereno: é o profesional que é contratado para efectua-las funcións propias de vixilancia. A súa contratación realizarase especificamente para realiza-la xornada nocturna e o salario correspondente fíxase tendo en conta esta circunstancia.

Secretario de dirección: a súa función administrativa de asistencia á dirección abranguerá, ademais das delegacións de funcións desta, o labor de coordinación dos mandos intermedios e dirección, así como as actividades de representatividade e de relacións comerciais propias deste nivel xerárquico (asimilable a oficial 1ª administrativo).

Caixeiro: o seu cometido é de realizar cobros e pagamentos na fábrica, de acordo coas normas que sobre o particular ten establecidas a empresa, ou que poida establecer, emanándolle as ordes do órgano superior administrativo. Deberá efectua-los apuntos de caixa e face-las anotacións nos libros auxiliares do movemento diario.

Degustador: é o profesional que efectúa a publicidade dos artigos da empresa nos establecementos comerciais onde se necesita efectua-la promoción deles.

Licenciado: é aquel traballador que tendo obtido a licenciatura en calquera das facultades dunha universidade realiza o seu traballo precisamente relacionado coa súa titulación e consonte con ela.

Artigo 16º.-Enfermidade ou accidente.

Os traballadores que padezan enfermidade percibirán desde o primeiro día e durante o prazo de seis meses, o complemento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social, alcance o 100 por 100 do seu salario base máis antigüidade, nos casos seguintes:

a) En tódolos supostos que requiran hospitalización.

b) Nas enfermidades de máis de 20 días consecutivos de duración.

No caso de que a incapacidade se derive dun accidente de traballo, o prazo de seis meses ampliarase a un ano, aboándose o 100% de tódolos supostos, desde o primeiro día.

Os traballadores deberán presenta-los xustificantes médicos na oficina da empresa dentro dos prazos establecidos regulamentariamente.

Artigo 17º.-Xubilación anticipada.

De conformidade coa normativa vixente sobre a materia, e en atención ós posibles efectos que, de cara á palia-lo paro, puidese ter, os asinantes deste convenio acordan a posiblidade de xubilación ó cumpri-los 64 anos, dos traballadores que así o soliciten, comprometéndose a empresa á contratación simultánea de traballadores xoves ou perceptores do seguro de desemprego en número igual ó das xubilacións anticipadas que se pacten, con contrato de igual natureza cós que se substitúen.

Artigo 18º.-Equipo de protección persoal.

Os labores de limpeza que requiran calzado especial, estarán dotadas de dous pares de botas que se asignarán a cada operario/a, por ano natural.

O persoal de fabricación proverase de:

-2 uniformes (batas, mandís, cofias) ó ano, ó persoal feminino.

-2 fundas ó persoal masculino.

-Luvas especiais nos casos en que se requiran.

Artigo 19º.-Garantía ad personam.

As condicións pactadas neste convenio enténdense sempre con este carácter de mínimas, debendo ser respectadas as condicións de todo tipo que veñen desfrutando os traballadores en canto sexan máis beneficiosas que as aquí establecidas, consideradas estas en cómputo global e anual.

Artigo 20º.-Axuda por xubilación.

Ó producirse a baixa na empresa por xubilación dun traballador con máis de vinte anos de servicio nesta, recibirá dela o importe íntegro dunha mensualidade de salario real.

Artigo 21º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores, entre os que estarán os compoñentes da comisión negociadora.

Vigo, 8 de setembro de 1995

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríasSalario base mensual

Técnicos titulados

Licenciado105.595

Perito100.455

Técnicos non titulados

Encargado xeral95.420

Mestre de fabricación95.420

Administrativos

Xefe administrativo de 1º105.595

Xefe administrativo de 2º100.455

Técnico en custos90.251

Oficial de 1ª90.251

Secretario de dirección86.383

Oficial de 2ª82.063

Caixeiro82.063

Auxiliar71.574

Persoal mercantil

Xefe de vendas100.455

Viaxante e vendedor80.636

Corredor de praza76.889

Persoal de producción

Oficial de 1ª81.905

Oficial de 2ª78.579

Axudante72.088

Formación maior 18 anos70.900

Subalternos

Almaceneiro73.670

Cobrador73.670

Basculador-pesador73.670

Porteiro73.670

Sereno71.656

Persoal de limpeza70.900

Ordenanza70.900

Persoal de acabado, envasado e empaquetado

Oficial de 1ª72.164

Oficial de 2ª71.373

Axudante71.373

Persoal de oficios auxiliares

Oficial de 1ª81.905

Oficial de 2ª78.580

Peón70.900

Degustadora80.636

Aprendiz, 1742.497

95-7191