Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da adhesión do convenio colectivo da empresa Organismo Autónomo Vigo-Zoo.

Visto o expediente de adhesión da empresa Organismo Autónomo Vigo-Zoo, respecto do seu centro de traballo situado nesta provincia, ó convenio colectivo acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo, que foi publicado no BOP de Pontevedra nº 193 do 6 de outubro de 1995. Expediente incoado en virtude da acta de adhesión subscrita por unha representación da empresa e dos traballadores afectados pola devandita adhesión en data 7-9-1995. De conformidade co disposto nos artigos 90.2º e 3º e 92 da Lei 8/1980, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, modificada pola Lei 11/1994, do 19 de maio, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de con

venios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-la adhesión da empresa Organismo Autónomo Vigo-Zoo, ó convenio colectivo acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo, e que foi publicado no BOP nº 193 do 6 de outubro de 1995. Ordenando a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social asinantes da adhesión.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), sen necesidade de publica-lo texto do convenio colectivo ó que se adhieren as partes por canto xa consta publicado no BOP de Pontevedra nº 193 de data 6-10-1995, e de próxima publicación así mesmo no DOG, ó que nos remitimos na súa integridade, en aras da conveniente economía procedemental, producindo plenos efectos xurídicos a devandita adhesión e referencia ó convenio adherido.

Vigo, vintecinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA

Reunidos en asemblea os traballadores do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, o día 7 de setembro de 1995, acordan por unanimidade adherirse totalmente ó convenio regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

En Vigo, sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Rodríguez López

Presidente de Vigo-Zoo

Víctor Quintas Ferreira

Delegado sindical de Vigo-Zoo

95-7230