Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.700

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do complemento-modificación parcial do convenio colectivo da empresa Remolcanosa y EDSA AIE.

Visto o expediente de complemento-modificación parcial do convenio colectivo para a empresa Remolcanosa y EDSA AIE, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-10-1995, subscrito en

representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 2-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido la Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que existe desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 27 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Representación

Pola empresa:

José Silveira Cañizares

Jaime Martínez Landin

Asesor:

Rodolfo Hinrichs

Pola parte social:

Jesús Sánchez Pérez (UGT)

Juan Corujeira Cabaleiro (UGT)

José Mª Vaquero González (CC.OO.)

José C. González Pascual (CC.OO.)

Manuel del Pozo Fernández (UGT)

Asesores:

Ramiro Otero (CC.OO.)

En vigo, ás 13 horas do día 2 de maio de 1995 e na sede social da empresa Remolcanosa y EDSA AIE, na rúa Paraguai, 5, 1º de Vigo, reúnense Remolcanosa y EDSA AIE e o comité de empresa.

Acádanse os seguintes acordos:

Pola empresa ante a petición do comité de que se recoñeza a antigüidade a tódolos traballadores que na actualidade son fixos de cadro de persoal e con efectos do primeiro contrato formalizado, así como fixa-lo importe do trienio e efectos econó

micos retroactivos dun ano, despois de múltiples deliberacións acórdase:

1º.-Recoñece-la antigüidade para tódolos efectos, así como para o cómputo de trienios, a tódolos traballadores da empresa que na actualidade son fixos no cadro de persoal e con efectos do primeiro contrato formalizado a cada un.

2º.-Acórdase que o valor económico de cada trienio quede fixado para tódalas categorías en 3.000 ptas. brutas mensuais, non sendo de aplicación o artigo 46 do convenio colectivo.

3º.-Recoñécense efectos económicos retroactivos dos anteriores acordos a 12 meses cara atrás, é dicir, 1º de maio de 1994.

4º.-O presente acordo global ámbalas partes danlle valor de complemento ó convenio colectivo vixente na actualidade interesando así a súa publicación no BOE para o cal se remitirá á oficina correspondente.

En proba de conformidade asinan o presente acordo o comité de empresa por maioría e a representación da empresa no lugar e data arriba indicados.

95-08331