Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de novembro de 1995 pola que se regula, con carácter transitorio, a acumulación de postos de traballo vacantes da clase de matronas titulares.

Advertido un erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 219, do 15 de novembro de 1995, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na súa disposición transitoria, onde di: «As xerencias de atención primaria poderán propoñer,...»; debe dicir: «As xerencias de atención primaria poderán acordar,...».

95-6878