Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (274/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial fai saber, que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, rexistrados co número 274/1995, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Caja de Ahorros de Pontevedra, contra Mª de los Angeles Cortes Jiménez, con DNI/CIF: 33269292-E domiciliado na r/ de Praga, nº 10, bloque R-83 polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela e Julio Ventos Montoya, con DNI/CIF: 33294615-E domiciliado na r/ de Praga, número 10, bloque R-83, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, en reclamación de crédito hipotecario, acordándose nas actuacións sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo pactado na escritura de constitución da hipoteca, o/s seguinte/s predio/s contra o que se procede:

-Número oito. Vivenda letra G da planta baixa dun edificio construído na parcela R-8.3 do polígono das Fontiñas desta cidade de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil de 82 m e 56 dm.

Linda: norte, oco de ventilación e vivenda letra H da mesma planta; sur: vial 3; leste: patio interior cuberto, oco de ventilación e cuarto de contadores e oeste: vial 6.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Viena número un, As Fontiñas, desta localidade, o vindeiro día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, baixo as seguintes condicións:

1ª O tipo do remate é de 11.057.920 ptas., fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, e non se admitirá oferta ningunha que non cubra a dita suma.

2ª Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, na entidade bancaria BBV, nº de conta 1591/0000/18/0274/95, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo de remate, requisito sen o cal non será admitida oferta ningunha.

3ª Poderase face-lo remate en calidade de ceder a un terceiro.

4ª A poxa celebrarase en forma de poxas abertas, se ben, ademais, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderanse facer ofertas por escrito e en prego cerrado, achegándose o xustificante de ingreso correspondente a que se refire o apartado 2º.

5º. Os autos e certificación rexistral a que se refire a regra 4ª da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría, onde poderán ser examinados, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos. De igual xeito, as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

6ª Por instancia do demandante, poderanse reserva-los depósitos daqueles ofertantes que cubrisen o tipo da poxa e o admitan, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigacións, poida aprobarse o remate a favor dos que a sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

7º Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vienteseis de febreiro do noventa e seis, ás dez horas, nas mesmas condicións da primeira, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintecinco de marzo do noventa e seis, ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda, debendo neste caso consignarse unha cantidade, polo menos, do vinte por cento do tipo da segunda poxa.

8. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, exceptuando os sábados; e á mesma hora sinalada.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns e taboleiro de anuncios.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8143