Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.620

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/018 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no Art. 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, de 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composicón da comisión que ha de resolve-lo concurso pra a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 95/018, convocada por resolución rectoral de data 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partires do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: antropoloxía social.

Praza nº: 95/018.

Comisión Titular.

Presidente: Gondar Portasany, Marcial. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Roca Girona, Jordi. Profesor titular de escola universitaria. Universidade Rovira y Virgili.

Vocais: Frigole Reixach, Juan. Catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Rubio Hernández, Rogelio. Profesor titular de escola universitaria. Universidade nacional de educación a distancia (UNED).

Millán Fuertes, Amado Antonio. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente.

Presidente: Galván Tudela, Alberto. Catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Carloni Franca, Alida. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Vocais: Giner Abati, Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Gallego Ranero, María Carmen. Profesora titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Mairal Buil, Gaspar. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

95-07932