Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 363/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. en Paredes, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cia, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio ó lado do C.T. existente de Cortellas-Padróns enlazando coa L.M.T. Mondaríz-Lordelo, ata o C.T. que se proxecta en Paredes, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1.967 m de lonxitude, con conductores tipo LA-30, sobre apoios de formigón.

C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

R.B.T., aérea, de 2.835 m de lonxitude, con conductores tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 19.378.307 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 25 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9507585