Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, ábrese a información pública sobre o seguinte plan eólico estratéxico.
Peticionario: Iberdrola, Ingeniería y Consultoría.
Obxecto da petición: aprobación do plan eólico estratéxico.
Durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte a esta publicación, poderán presentarse solicitudes en competencia de acordo co artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.
P.D. (Art. 16, Lei 30/1992)
Ramón Ordás Badía
Subdirector xeral de Enerxía e Minas
95-8025