De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE de 27
de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o denunciado cos datos persoais e derradeiro enderezo coñecido que se sinala a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción da Lei de caza do 4 de abril de 1970 e ó regulamento para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE do 30-3-1995).
Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río e secretaria a Mª. Consuelo Núñez Castro, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.
O pagamanto voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.
A N E X O
Expediente: C-45/1995
Denunciado: Luis Felipe de Soura López
DNI: 10.071.207
Último enderezo coñecido: Santiago, 20-3N; A Rúa-Ourense.
Feitos imputados: cazar carecendo de licencia de caza e seguro obrigatorio, o día 27-8-1995 no couto LU-10.234-Montefurado-Quiroga-Lugo.
Preceptos infrinxidos: 48.2.1 e 48.3.53 do regulamento da Lei de caza.
Cualificación infracción: Menos grave
Sanción: 3.500 pesetas de multa.
Lugo, 23 de novembro de 1995
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
95-8027