Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-11-1994, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa con data 25-10-1995; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo obrante desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Vigo, 16 de novembro de 1995.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo de Frigalsa para 1995
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
Este convenio regulará as condicións laborais e económicas da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. ( Frigalsa), e afectará a tódolos traballadores que presten os seus servicios nela, así como a aqueles que sexan admitidos posteriormente, coa aclaración indicada no artigo 4º.
Artigo 2º.-Vixencia e duración.
O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 e finalizará o 31 de decembro do mesmo ano, e será prorrogado se non existe denuncia expresa por algunha das partes, cun mes de antelación ó seu vencemento.
Artigo 3º.-Condicións absorbibles.
Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas e sociais que, por calquera disposición e durante a vixencia deste convenio, puidesen establecerse.
Artigo 4º.-Xornada de traballo.
A xornada efectiva de traballo para todo o persoal da empresa será de 1.800 horas anuais, distribuídas de luns a venres en xornada partida de 8 a 13 e
de 15 a 18 horas, agás o novo persoal que poida contratarse a partir do 1º de xaneiro de 1987, o horario do cal será a convir entre a empresa e o novo traballador. A xornada semanal será de 40 horas ou aquela que se acorde nos traballos a quenda.
Artigo 5º.-Vacacións.
O descanso anual retribuído será de 30 días naturais entre os que polo menos 21 serán laborables, entendendo como tales, para estes efectos, os que non sexan sábados, domingos nin festivos. O seu desfrute realizarase preferentemente no período estival e segundo as necesidades de traballo na empresa; e efectuarase dentro do persoal unha quenda rotativa en canto á prioridade de solicita-la época do seu desfrute.
A empresa publicará o cadro de vacacións de todo o persoal no mes de febreiro de cada ano a entregaralle unha copia deste ó comité de empresa. A retribución do período de vacacións consistirá na totalidade do soldo percibido no mes anterior agás as horas extras e o plus de transporte.
Artigo 6º.-Licencias.
A empresa concederalles obrigatoriamente licencia ós traballadores que o soliciten e o xustifiquen debidamente, sen perda nin prexuízo na retribución nos seguintes casos:
a) Matrimonio: quince días.
b) Nacemento de fillos ou enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos: dous días, todo isto ampliable a tres días máis se se xustifica debidamente a súa necesidade e sen retribución.
c) Falecemento de cónxuxe, pais, fillos e irmáns (consanguíneos ou políticos): tres días; dos demais parentes: un día.
d) Por traslado de domicilio habitual: dous días.
e) Matrimonio de fillos ou irmáns: un día.
f) A empresa poderá concederlles permisos non retribuídos ós traballadores que o soliciten, sempre que as esixencias do servicio así o permitan.
Artigo 7º.-Antigüidade.
Pagarase por cuadrienios a razón do 5,913% do salario base do convenio, co límite do 60% do dito salario base. A porcentaxe que se aplicará sobre o soldo base será do 6% por cada cuadrienio que se devengue a partir de 1995.
Artigo 8º.-Vestiario.
A reposición do vestiario do persoal será anual e efectuarase no mes de setembro de cada ano.
En canto ó persoal fixo-descontinuo, entregaráselle a roupa de traballo cada vez que se realizase o total de xornadas correspondentes ó ano de traballo (225 xornais).
Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.
As pagas extraordinarias serán tres no ano, da contía, cada unha, de 30 días do salario real máis antigüidade e devengaranse o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro de cada ano.
Artigo 10º.-Plus de transporte e distancia.
Establécese un plus de transporte e distancia na contía total de 170 ptas. por día efectivo de traballo.
Artigo 11º.-Complemento prestacional.
A empresa complementará ata un 100% a prestación correspondente á Seguridade Social, nos supostos de incapacidade laboral transitoria, derivada da continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.
Así mesmo, a empresa complementaralles ata un 100% a prestación correspondente á Seguridade Social a aqueles traballadores que sufrisen unha intervención cirúrxica e o acrediten debidamente.
Artigo 12º.-Horas extraordinarias.
Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de facilita-lo emprego, quedan suprimidas as horas extraordinarias habituais.
Exceptúase da norma anterior:
a) As horas extraordinarias esixidas pola reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como os casos de risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros. Neste caso, igualmente por causa extraordinaria non habitual, cun tope máximo dunha hora diaria, será de obrigada realización.
b) As horas extraordinarias que teñan causa en pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan así como a subministración de xelo ós barcos pesqueiros, manteranse sempre que non sexa posible a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas nas disposicións xerais.
A dirección da empresa informaralles mensualmente ó comité de empresa, ós delegados de persoal e delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios anteriormente sinalados, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias. En aclaración do concepto de hora estructural que contén o AI, serán consideradas como tales: as esixidas para a reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios; as necesarias que se teñan que realizar ante un risco de perda de materias primas e terminación
de tarefas por carga e descarga de productos perecedoiros; e as necesarias para atender a períodos punta de producción.
Artigo 13º.-Valor das horas extraordinarias.
O valor de cada hora extraordinaria será de 1.155 ptas., agás as traballadas en sábados e festivos, que será de 2.119 ptas. A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 2.649 ptas. nos sábados e festivos, e de 1.444 ptas. nos restantes días.
Artigo 14º.-Revisión médica.
A empresa porá á disposición de todo o persoal unha revisión médica anual.
Artigo 15º.-Descanso de bocadillo.
Todo o persoal terá dereito a un descanso retribuído de 10 minutos, comprendidos entre as 10 e as 11 horas de cada día, e este descanso será distribuído polos encargados das seccións correspondentes.
Artigo 16º.-Comisión paritaria.
A comisión paritaria está formada por Teófilo Ceniceros Gallego, Teodoro Gómez Puente e José Riobó Campos e, por parte dos traballadores, por Enrique Álvarez Davila, José Fernández González e Anselmo González Domínguez.
Artigo 17º
Asinan o presente convenio, por parte da empresa, Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral), Teodoro Gómez Fuente (subdirector xeral), José Riobó Campos (director administrativo), Adolfo Viéitez Davila (director de planta) e Jacinto Salvador Fernández (xefe de sección). Por parte dos traballadores, Luciano Villar Rodríguez, Enrique Álvarez Davila, Anselmo González Domínguez, José Alén Rozados e José Fernández González, todos eles membros do comité de empresa de Frigalsa.
Vigo, outubro de 1995.
Pola empresa:
Teófilo Ceniceros Gallego, director xeral.
Teodoro Gómez Puente, subdirector xeral.
José Riobó Campos, director administrativo.
Adolfo Viéitez Davila, director de planta.
Jacinto Salvador Fernández, xefe de sección.
Polos traballadores:
Enrique Álvarez Davila.
Luciano Villar Rodríguez.
José Fernández González.
Anselmo González Domínguez.
José Alén Rozados.
ANEXO CONVENIO 1995
TÁBOA SALARIAL
nocturnoCategoría Soldo base Plus convenio T. penoso ou
Gratif. Volunt. Total
Director administrativo 109.462 36.633 - 87.226 233.321 Xefe sección 92.965 34.399 - 65.413 192.777 Oficial 1ª administrativo 92.965 33.526 - 54.519 181.010
nocturnoCategoría Soldo base Plus convenio T. penoso ou
Gratif. Volunt. Total
Oficial 2ª administrativo 87.836 29.164 - 31.787 148.787 Oficial 3ª administrativo 82.630 27.435 - 29.906 139.971 Auxiliar Admtvo. nivel 1 77.041 26.986 - 30.909 134.936 Auxiliar Admtvo. nivel 2 55.344 18.375 - 20.031 93.750 Auxiliar Admtvo. nivel 3 52.379 17.390 - 18.957 88.726 Telefonista 49.415 16.407 - 17.884 83.706 Aprendiz Admtvo. 48.425 16.079 - 17.526 82.030 Botóns/ordenanza 47.438 15.752 - 17.168 80.358
Xefe sección 92.965 34.399 - 65.413 192.777 Oficial 1ª 86.804 26.162 17.360 23.926 154.252 Oficial 2ª 85.523 23.451 17.103 24.221 150.298 Oficial 3ª 79.337 23.909 15.867 21.870 140.983 Peón especialista 77.040 23.214 15.408 21.233 136.895 Axudante 82.186 24.367 16.437 12.023 135.013 Peón estibador 71.403 13.298 14.280 - 98.981 Peón 61.737 11.502 12.348 - 85.587
Xefe de sección 92.965 34.399 - 65.413 192.777 Maquinista 90.221 26.987 18.045 24.073 159.326 Oficial 1ª maquinista 89.460 26.079 17.892 21.227 154.658 Oficial 2ª maquinista 85.523 23.451 17.103 24.221 150.298 Axudante máquinas N-1 82.184 23.551 16.437 17.909 140.081 Axudante máquinas N-2 82.184 23.551 16.437 12.842 135.014 Axudante máquinas N-3 58.897 16.875 11.779 12.837 100.388 Axudante máquinas N-4 49.078 14.064 9.816 10.695 83.653
Vixilante N-1 74.930 18.919 7.493 15.837 117.179 Vixilante N-2 59.366 14.984 5.937 12.554 92.841 Muller limpeza N-1 73.835 19.297 - 22.030 115.162 Muller limpeza N-2 54.132 14.144 - 16.149 84.425
95-8123