Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado pola comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 13 de outubro de 1995 en relación coa inclusión de categorías no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, R.D. 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 22 de novembro de 1995 a acta nº 7 da comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia do 13 de outubro de 1995, así como unha certificación do seu secretario na que se fai consta-lo acordo que reflicte a inclusión de categorías no anexo II do convenio.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na xuntanza da comisión paritaria do 13-10-1995 adoptou acordo que seguidamente se relaciona sobre a inclusión de categorías no anexo II do convenio.

Grupo: V.

Categoría-número: 10-D.

Categoría-denominación: socorrista.

8111