Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.566

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de decembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado por Orde do 17 de outubro de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 17 de outubro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 30 de outubro de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio,da función

pública de Galicia, na sua nova redacción dada polas leis 4/1991 do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

1.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de outubro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 30 de outubro de 1995).

2.-Selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde e adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica.

3.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lle foran concedidas ó interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

5.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 0046452224 A2061

Grupo: A

Apelidos e nome: Moscoso Segovia, José Luis.

Código: OT.C05.00.001.15770.010

Denominación do posto de traballo: Servicio de Estudios e Proxectos.

Centro directivo: Dirección Xeral de Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Nivel: 28

Específico: 1.583.676

8254