Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.567

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de decembro de 1995 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 9 de octubre de 1995 (DOG nº 203, do 23 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

D I S P Ó N:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 9 de outubro de 1995 (DOG nº 203, do 23 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Andión Campos, Sabino Eladio.

N.R.P.: A17FA035282527

Grupo: A

Nivel C.D.: 28

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Avaliación.

Dependencia: Secretaría Xeral do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Morales Pérez, Lucía.

N.R.P.: A20603607025068

Grupo: A

Nivel C.D.: 28

Corpo ou clase: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: secretaria provincial.

Dependencia: Dirección provincial do Sergas.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Novo Bernárdez, Mª José.

N.R.P.: A20593277299313

Grupo: D

Nivel C.D.: 16

Corpo ou clase: auxiliar da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: secretaria do director.

Dependencia: Dirección provincial do Sergas.

Localidade: A Coruña.

Titulación específica: mecanografía.

95-7980