Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Compañía Internacional de Comercio y Servicios, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Compañía Internacional de Comercio y Servicios, S.L. da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 23-5-1995; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como da acta da comisión deliberadora que se achega, por conter disposición normativa obligacional.

Vigo, 24 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Compañía de Coordinación de Comercio Internacional, S.L. e os seus empregados.

Acta

Comisión

Pola empresa: Ceferino Nogueira García.

Polos traballadores: Javier Rosales Fandiño

En Marín, ás doce horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, co obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

1.-A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicte na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1994 un 5% de incremento.

2.-Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:

Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 ptas.

E ó non haber máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión e asinan a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os señores arriba mencionados.

Pola empresa:

Ceferino Nogueira García

Polos traballadores:

Javier Rosales Fandiño

Táboa salarial 1995

I.-Titulados

Titulado superior155.636

Titulado medio-grupo A139.198

Titulado medio-grupo B129.807

II.-Administrativos

Xefe de sección155.636

Xefe de negociado139.198

Oficial administrativo122.881

Auxiliar administrativo93.864

Aspirante de 16 a 18 anos71.412

III.-Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza,

porteiro e sereno81.992

Mozo dos recados de 16 a 18 anos71.412

Persoal de limpeza81.992

IV.-Servicios varios

A) Categorías básicas

Encargado de sección105.749

Oficial de 1ª101.662

Oficial de 2ª96.563

Oficial de 3ª93.235

Peón93.235

Aprendiz de 16 a 18 anos71.412

B) Categorías asimiladas

Conductor de camión96.563

Conductor de turismo96.563

Manipulante96.563

Encargado de almacén ou almaceneiro101.662

Mozo de almacén92.380

Cosedor/a92.380

9507741