Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresaCepillos Mariño, S.L.

Visto o expedinte do convenio colectivo para a empresa Cepillos Mariño, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6-11-1995, subscrito

en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal en data 15-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 y 3, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de rexistro de convenios colectivos de traballo. que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial

Artigo 1.-Convenio propio.

O presente convenio afectará á empresa Cepillos Mariño S.L. de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Artigo 2.-Ámbito funcional.

O convenio vincula a empresa Cepillos Mariño S.L., dedicada á fabricación de brochas, pinceis, cepillos e similares.

Artigo 3.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro da industria afectada.

Artigo 4.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os efectos económicos comezarán a rexer a partir do día 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 5.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor ós oito días da súa sinatura e a súa duración será anual, prorrogándose anualmente, sempre que non exista ninguna denuncia das partes con tres meses de antelación.

Artigo 6.-Rescisión e revisión.

O convenio poderá rescindirse mediante preaviso formulado en tempo e forma cunha antelación dun mes á data de terminación da súa vixencia.

Artigo 7.-Absorción.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente, durante a vixencia deste.

Artigo 8.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá desde o 1 de xaneiro de 1995 as retribucións consignadas na táboa anexa, incrementadas, se é o caso, co premio de antigüidade.

Artigo 9.-Revisión salarial.

En caso de que o I.P.C. rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 6% efectuarase unha revisión salarial en tódolos conceptos económicos do convenio, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso da indicada cifra. Tal incremento aboarase a partir do mes en que se produza o dito incremento.

Artigo 10.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas realizarase de forma mensual, non obstante, o persoal poderá solicitar, coa debida antelación, anticipos por conta de haberes retribuídos.

Artigo 11.-Antigüidade.

O premio de antigüidade será calculado sobre o salario pactado neste convenio segundo establece a Ordenanza laboral.

Artigo 12.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto os traballadores afectados por este convenio percibirán, incluída a antigüidade, quen a tiver, 30 días de salario na paga extraordinaria do 24 de xullo e 30 días en Nadal.

Tamén percibirán unha paga extraordinaria de 23 días de acordo co fixado na vixente ordenanza laboral para as industrias de fabricación de brochas, pinceis e cepillos, que será aboada na data do día inmediatamente anterior á festa do patrón, que se celebra o 19 de marzo de cada ano.

Artigo 13.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado consistirá en 22 días laborables.

Artigo 14.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas facilitarán ós seus traballadores, as dúas pezas de roupa de traballo, que determina a ordenanza laboral respectiva.

O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 3.255 ptas. en compensación de cada peza non entregada.

Artigo 15.-Plus de gastos de locomoción.

Establécese para todo o persoal da empresa afectada por este convenio, un plus de locomoción ou distancia equivalente a 6.500 ptas. mensuais. Esta cantidade aboarase os 12 meses do ano.

Artigo 16.-Plus de traballos tóxicos.

Estarase ó disposto polas ordenanzas laborais.

Artigo 17.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entregasen ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos e

fosen propiedade destes, aboarán en compensación ó desgaste destas 110 ptas. por día traballado.

Artigo 18.-Seguro de accidentes.

A partir do 1 de xaneiro de 1995 as empresas afectadas por este convenio teñen a obriga de facer un seguro por accidente de traballo que cubrirá un capital de 500.000 ptas., en caso de morte e 1.000.000 ptas., en caso de invalidez permanente, absoluta ou gran invalidez, sempre que se produza o accidente durante as horas de traballo.

Artigo 19.-Xornada de traballo.

A xornada laboral máxima ordinaria será de 1.808 horas efectivas de traballo ó ano.

Para efectos da distribución e cálculo da xornada anual anterior consideraranse como días non laborables o 24 e 31 de decembro de 1995.

Artigo 20.-Condicións máis beneficiosas.

Tendo a consideración de bases mínimas, serán respectadas as condicións máis beneficiosas que a empresa aceptase por este, tivese xa concedida ós seus respectivos productores.

Artigo 21.-Revisión médica.

As empresas solicitarán da Mutua de Accidentes ou da entidade que corresponda, unha revisión médica anual para tódolos productores do seu cadro de persoal, que disporá do tempo necesario para a realización desta.

Artigo 22.-Contratacións.

Cando se celebren contratos, ó abeiro do artigo 15, apartado b) da Lei 11/1994, do 19 de maio, BOE nº 122, do 23 de maio de 1994, estes poderán ter unha duración máxima de 10 meses, continuos ou descontinuos, dentro de cada ano natural. Esta cláusula será de aplicación ós contratos que estean en vigor na data da sinatura do convenio.

Os contratos que se concerten por unha duración inferior á máxima establecida poderán prorrogarse, por acordo entre as partes, ata o dito límite máximo de duración.

Artigo 23.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores créase unha comisión paritaria do convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora dos traballadores por unha parte e do empresario por outra, e a súa designación recaerá sobre estas persoas e en igual número de vocais titulares que fosen nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 24.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio coa central sindical CC. OO.

Vilagarcía de Arousa, 16 de outubro de 1995.

Rubricado.

Táboas de salarios de cepillos, brochas e pinceles para 1995.

CategoríasTáboa

anterior

Táboa

actual

I. Persoal administrativo

Xefe/a82.11986.619
Oficial/a de 1ª78.24382.743
Oficial/a de 2ª74.79079.290
Auxiliar66.52971.029
II. Persoal subalterno

Almaceneiro/a70.84975.345
Garda Vixiante ou ordenanza70.59075.090
III. Persoal producción

Encargado/a xeral77.78082.280
Encargado/a de sección77.62082.120
Oficial/a de 1ª74.49978.999
Oficial/a de 2ª73.39977.899
Conductor/a74.49978.999
Axudante66.85271.352
Mecánico/a74.49978.999
Viaxante74.53679.036
Limpador/a (media xornada)31.83436.334
Limpador/a (xornada completa)63.66971.169
IV. Aprendices

Aprendiz/a de 1º e 2º ano41.38545.885
Aprendiz/a a partir do 3º ano66.85271.352

Os aprendices/as contratados mediante un contrato de aprendizaxe percibirán o seu salario de acordo co salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, en proporción ás horas realizadas traballadas, sen ter en conta o tempo dedicado a formación.

95-8181