Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.526

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de decembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán conconcorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para cada posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse por escrito á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio (edificio administrativo de San Caetano, nº 5, 4ª andar. Santiago de Compostela), e farán constar expresamente o posto ou postos de traballo ós que se concursa.

Estas solicitudes poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se indica no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulte seleccionado para ocupar calquera dos postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose desfavorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que sexa seleccionado. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto calquera dos postos de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezaráse a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, excepto no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no apartado quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a intención de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Código

posto

Denominación postoDependenciaLocalidadeTipo

posto

GrupoNivel

dest.

Complem.

específico

Corpo/

escala

Titulación

académica

IC.C03.00.001.15770.005Xefe Servicio Xestión

Enerxética

Dirección Xeral

Industria

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral

especial

2005/2006

3005/3006

IC.C03.00.001.15770.006Xefe Servicio Xestión

Xeolóxico-minera

Dirección Xeral

Industria

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral

especial

2019/3019

IC.C03.00.002.15770.011Xefe Servicio Planif.

Horizontal

Dirección Xeral

Industria

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral

especial

2005/2006

2026

IC.C03.00.003.15770.004Xefe Servicio Medio

Ambente

Dirección Xeral

Industria

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral

especial

2998

IC.C03.00.003.15770.005Xefe Servicio Xestión

Industrial

Dirección Xeral

Industria

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral

especial

2019/3019

IC.C03.00.002.15770.033Xefe Servicio Rexistro

Contratistas

Sec. Xral./Subd. Xral.

Coordinación

Santiago de

Compostela

NAB281.583.676Xeral2062

8121