Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Galigrain, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Caligrain, S.A., da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18 de agosto de 1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 23-5-95. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xulio, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como da acta da comisión deliberadora que se achega, por conter disposición normativa obrigacional.

Vigo, 24 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Galigrain, S.A. e os seus empregados.

Comisión

Pola empresa: Ceferino Nogueira García.

Polos traballadores: José María Pazos Acuña.

En Marín, sendo as doce horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, con obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Logo dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Un. A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicte na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1994 un 5% de incremento.

Dous. Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente que quedará redactado como segue:

«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por impode 5.500 pesetas».

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os señores arriba mencionados.

Pola empresa

Ceferino Nogueira García

Polos traballadores

José María Pazos Acuña

Táboa salarial 1995

I.-Titulados

Titulado superior155.636

Titulado medio-grupo A139.198

Titulado medio-grupo B129.807

II.-Administrativos

Jefe de sección155.636

Jefe de negociado139.198

Oficial administrativo122.881

Auxiliar administrativo93.864

Aspirante de 16 a 18 años71.412

III.-Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza,

porteiro e sereno81.992

Mozo dos recados de 16 a 18 anos71.412

Persoal de limpeza81.992

IV.-Servicios varios

A) Categorías bàsicas

Encargado de sección105.749

Oficial de 1ª101.662

Oficial de 2ª96.563

Oficial de 3ª93.235

Peón93.235

Aprendiz de 16 a 18 anos71.412

B) Categorías asimiladas

Conductor de camión96.563

Conductor de turismo96.563

Manipulante96.563

Encargado de almacén ou almaceneiro101.662

Mozo de almacén92.380

Cosedor/a92.380

95-7641