Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.491

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (453/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela dou fe e testemuño, que nos autos dos que se fará mención, dictouse a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de outubro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de menor contía nº 453/1994, sobre reclamación de cantidade, seguidos neste xulgado e promovidos pola procuradora Carmen Losada Gómez, en nome e representación

de Manuel Enrique Malde Hervada, co letrado Miguel Sánchez Campos, contra Eugenio Ángel Malde Arbones, con domicilio na rúa do Vilar nº 38, baixo de Santiago de Compostela, e declarado procesualmente en rebeldía.

Decido que admito a demanda promovida pola procuradora Losada Gómez en nome e representación de Manuel Enrique Malde Hervada, e con condena do demandado Eugenio Ángel Malde Arbones declarado personalmente en rebeldía; e declaro que a parte demandante ten dereito a percibi-la cantidade de catro millóns trescentas noventa e tres mil cento setenta e seis pesetas (4.393.176) mailos xuros legais que correspondan e que lle debe o demandado, e a estar e pasar por tal declaración, e ó aboamento da referida cantidade, todo coa expresa imposición das custas causadas no procedemento.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado declarado en rebeldía, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-08206