Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.491

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (218/1995).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz deste xulgado en providencia do día da data dictada nos autos de xuízo verbal civil 218/1995, seguidos por instancia de María Josefa Otero Coego, contra a comunidade heriditaria, herdeiros descoñecidos e incertos, herdanza xacente de Jesús Corral Camino e a entidade Iberia Cía Anónima de Seguros Generales, acordouse, cita-la demandada comunidade hereditaria-herdanza xacente, herdeiros descoñecidos e invertos e persoas que se consideren con dereito á herdanza de Jesús Corral Camino, para que no próximo día dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco ás dez trinta, comparezan perante este xulgado co fin de asistir ó acto de xuízo, coa prevención de que se non comparecen, recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos de citación en legal forma ó demandado referido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria en funcións.

Rubricado

9507729