Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.491

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (255/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nos autos de procedemento de xustiza gratuíta 255/1995, por medio do presente edicto notifícase a sentencia dictada nestes, que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais nº 255/1995, seguidos polas normas de xuízo verbal civil, por dependencia do xuízo de cognición nº 481/1994, entre partes, dunha, como demandante, Víctor Castrillón Martínez, maior de idade, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Touro, nº 14-2º C, asistido do letrado Riz Permuy, e doutra, como demandados, José Ramón Raña Cebey, maior de idade, que foi veciño desta cidade, acualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido en autos, con intervención do letrado da Xunta de Galicia, sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido que debo denegar e denego o dereito a xustiza gratuíta solicitado por Víctor Castrillón Martínez co fin de litigar no xuízo de cognición que co nº 481/1994 se segue ó seu pedimento, por demanda do 15 de decembro de 1994 neste órgano, e condeno o demandante ó pagamento das custas do presente incidente.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, declarado en rebeldía, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezasete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

7762