Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.491

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCUENTA E NOVE DE MADRID

EDICTO (411/1993).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción do Xulgado número 59 dos de Madrid, con proposta de providencia dictada nesta data, nos autos de xuízo de cognición número 411/1993 sobre reclamación de 107.580 ptas. seguidos por instancia de Fimestic, S.A., representada polo procurado Fernando Gala Escribano contra José Antonio González Cagiao, de quen se ignora o seu actual domicilio e paradoiro; na súa providencia acordouse empraza-lo referido demandado para que, no termo de nove días, compareza nestes autos, constituíndose en parte en legal forma, coa prevención de que se non se fixer será declarado rebelde e recaerá sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para a súa inserción nos periódicos oficiais e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lle sirva de emprazamento en legal forma ó demandado referido, expido este edicto que asino en Madrid o 5 de outubro de 1995.

A secretaria

Rubricado

9507761