Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos desta universide.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público para 1995 de persoal de Administración e servicios da Universidade da Coruña,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal de arquivos, bibliotecas e museos,

RESOLVE:

Artigo 1º

Convocar probas selectivas para cubrir 28 prazas de funcionarios da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, grupo B, da Universidade da Coruña, destinados a realiza-las funcións de xestión e técnicas especializadas no ámbito orgánico de arquivos e bibliotecas.

Do total de prazas convocadas reservarase unha praza para ser cuberta entre persoas con minus

validez de grao igual ou superior ó 33 por cento, de conformidade co previsto na disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto. No caso de non ser cuberta por esta quenda, a dita praza acumularase ás do sistema xeral de acceso libre.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Solicitudes

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntaráselle focotopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó Rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A presentación das solicitudes farase no rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa da Mestranza, s/n), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

1.2. Os dereitos de exame serán de 7.570 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 17957982, Probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, ó nome da Universidade da Coruña. Á solicitude deberá xuntárselle o resgardo acreditativo do pagamento dos dereitos de exame, a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pago suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado na base 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade da Coruña. Esta certificación deberá acompañarse unida á solicitude.

1.4. Os aspirantes que concorran ás prazas reservadas para quen teña a condición legal de minusvalidez deberán formula-la correspondente opción coa declaración expresa de reuni-la condición esixida ó respecto.

1.5 Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.6. No recadro 17 da solicitude farase constar o idioma, francés, inglés ou alemán, que se elixe para o segundo exercicio.

1.7. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo

unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e menos de sesenta e cinco.

c) Estar en posesión do título de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grado ou equivalente o estar en condicións de obte-lo na data na que remate o prazo de presentación das solicitudes. De conformidade co establecido na disposición transitoria quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, considerase equivalente ó título de diplomado universitario o ter superado tres anos completos de licenciatura.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador establecerá, para as persoas con minusvalideces que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

4. Listas de admitidos e excluídos

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Boletín Oficial del Estado, na que declare aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do rectorado da universidade e no vicerrectorado do campus de Ferrol, con mención expresa dos apelidos, nome, documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas da exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o dito prazo, o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, contra a que os interesados

poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, cuestión que terán que acreditar no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición libre, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa dos exercicios da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Art. 13 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría segunda nas recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. Desde a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas e máximo de 45 días naturais.

7.4. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Lista de aprobados

8.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición o tribunal cualificador fará públicas, no lugar ou lugares de celebración dos exercicios e naqueles outros que coide oportuno, as relacións de aspirantes que superasen cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

8.2. A lista coa valoración dos méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o último exercicio da fase de oposición.

8.3. O tribunal fará pública, na sede do rectorado na Coruña e do vicerrectorado do campus de Ferrol,

a lista dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, constituída polos opositores que obtivesen maior puntuación nel, de acordo co sistema de puntuación previsto no anexo I. Estas listas serán confeccionadas segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante, a que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consideración de non aptos para tódolos efectos, único extremo acerca do que poderá o tribunal certificar.

8.4. O tribunal elevará ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final, na que se especificaran, ademais, as cualificacións das fases de concurso e de oposición, con proposta de que se estenda ó seu favor nomeamento de funcionarios de carreira.

9. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.

9.1 No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar na Xerencia da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título de esixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

d) Certificado dos órganos competentes da Comunidade Autónoma que acredite a condición legal de minusvalidez, se é o caso.

9.2 Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán nomeados funcionarios de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, mediante resolución do rectorado da universidade que se publicará no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 2º

As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; a Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da administración xeral do Estado; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, (DOG do 25); a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), os estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, de 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e as bases desta convocatoria.

Artigo 3º

A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei de 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso ordinario contra os actos do tribunal cualificador ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 27 de novembro de 1995

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

A N E X O I

Procedemento de selección

Fase de oposición.

A oposición constará das catro probas que seguidamente se indican, todas elas de carácter obrigatorio, sendo eliminatorias as tres primeiras. Naquelas probas en que para establece-la puntuación final sexa preciso aportar por cada un dos membros do tribunal a súa puntuación particular, a dita puntuación obterase coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros do tribunal, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, se é o caso, unha das que aparezan repetidas destas.

a)Primeira proba: consta de dous exercicios.

Primeiro exercicio: catalogación de dous impresos modernos, que se axustará ás vixentes Regras de Catalogación (Madrid: Ministerio de Cultura) e ó formato Ibermarc (Madrid: Ministerio de Cultura). Os encabezamentos de materia redactaranse libremente ou axustándose a algunha das listas de encabezamentos existentes.

Os aspirantes poderán utilizar para este exercicio o material que consideren oportuno.

Segundo exercicio: consistirá na realización por escrito, en español ou galego, dun resumo (de ata 300 palabras) dun texto con sentido completo, relativo a temas bibliotecarios/documentais, en idioma estranxeiro (inglés, francés ou alemán, á elección do opositor, que indicará no impreso de solicitude de participación nas probas selectivas). A realización deste exercicio poderá facerse con axuda de diccionario de lingua e de vocabulario técnico.

O tempo máximo de realización de cada un dos exercicios será dunha hora. Cualificarase de 0 a 10 puntos cada exercicio, sendo necesario para

supera-la proba obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

b) Segunda proba: consistirá no desenvolvemento por escrito de tres temas, un por cada un dos grupos en que se divide o programa que se inclúe como anexo II á presente convocatoria. Cada tema será elixido polo opositor entre dous do mesmo grupo seleccionados por sorteo en presencia dos opositores.

Os opositores disporán dun tempo máximo de tres horas e media para a realización deste exercicio. Os temas serán lidos polos aspirantes, en sesión pública convocada para o efecto, perante o tribunal, que valorará, ademais dos contidos, a claridade e a orde das ideas, e a facilidade de expresión escrita.

Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos cada tema, e eliminarase os aspirantes que non acaden un mínimo de 15 puntos en total, así como aqueles que obteñan una puntuación inferior a 5 puntos no tema do terceiro grupo.

c) Terceira proba: consistirá nunha entrevista persoal co tribunal para avalia-la idoneidade do aspirante respecto ás funcións atribuídas á escala de funcionarios a que oposita, a capacidade de xuízo, a madurez intelectual, a capacidade de relacionar e outras aptitudes referidas ás materias que son obxecto desta convocatoria, con base nas cuestións que lle serán formuladas.

A duración máxima da entrevista será de 20 minutos.

Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos.

d) Proba de lingua galega: consistirá na traducción de dous textos propostos polo tribunal, un do galego para o castelán e outro do castelán para o galego, sen diccionario, e durante un tempo de 30 minutos como máximo.

Esta proba valorarase de 0 a 3 puntos.

Fase de concurso:

Valoraranse os servicios prestados na Universidade da Coruña como diplomado universitario da área de biblioteca e arquivo, en réxime de contrato temporal ou funcionario interino, a razón de 0,25 puntos por cada mes completo, ata un máximo de 4,5 puntos.

Sistema de puntuación.

A puntuación final de cada aspirante virá dada pola suma total de tódalas puntuacións obtidas na fase de concurso e nas probas da fase de oposición.

En caso de empate entre dous ou máis aspirantes darase preferencia ó que tivese maior puntuación na fase de oposición; e, de persisti-lo empate, ó que obtivese unha maior puntuación na segunda proba.

ANEXO II

Programa

I.-Organización do Estado e da Administración pública.

1.-A Constitución española de 1978: estructura, contido. A división de poderes e a súa aplicación na Constitución española e no Estatuto de Galicia.

2.-O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. A reforma do Estatuto.

3.-As administracións públicas: administracións territoriais e institucionais. A organización territorial do Estado español. As Comunidades Autónomas. A Administración local. A Administración institucional.

4.-Principios constitucionais da actividade administrativa. Fundamentos do procedemento administrativo. Réxime xurídico e procedemento administrativo aplicable á universidade da Administración do Estado e da Comunidade autónoma.

5.-A organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos. A competencia administrativa. Delegación. Avocación. Encargo de xestión. Suplencia. Instruccións e ordes de servicio abstención e recusación.

6.-Os dereitos dos cidadáns como administrados. Lexitimación no procedemento. A motivación dos actos administrativos. A notificación e a publicación dos actos administrativos. Os prazos. Cómputo de prazos. O rexistro.

7.-Os recursos por vía administrativa: recurso ordinario e recurso de revisión. Reclamacións previas ó exercicio das accións xudiciais. O recurso contencioso administrativo.

8.-A responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e do persoal ó seu servicio.

9.-O funcionario público. Concepto e clases. Selección. Nacemento e extinción da relación funcionarial. Provisión de postos de traballo. Promoción profesional. Situacións administrativas.

10.-Deberes e dereitos dos funcionarios públicos. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade. O sistema de retribución. Réxime disciplinario.

11.-O dereito de asociación sindical. Lexislación vixente. Principios fundamentais e réxime xurídico. Os órganos de representación do persoal.

12.-O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico. Selección. Postos a desempeñar polo persoal laboral.

II.-A institución universitaria.

13.-A autonomía universitaria na Constitución española. A Lei orgánica de reforma universitaria.

14.-Competencias da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia en materia universitaria. Ordenación do sistema universitario de Galicia. Consellos Sociais e Universitario de Galicia.

15.-A Universidade da Coruña; os seus estatutos. Órganos de goberno colexiados e unipersoais. Estructura orgánica da Administración e os servicios. O Servicio de Biblioteca e Arquivo da Universidade.

16.-A Universidade da Coruña; os seus estatutos. Organización académica. Os alumnos. O persoal docente. O persoal de administración e servicios. A investigación científica e técnica. Estudios que se imparten e estructura organizativa da universidade.

17.-Réxime económico-financeiro das universidades. Financiamento. Referencia ó orzamento da Universidade da Coruña: elaboración, contido, estructura.

18.-A Europa comunitaria. As institucións comunitarias. Política da Comunidade Europea sobre bibliotecas.

19.-A calidade no traballo. Concepto e importancia. Variables que inciden. Indicadores de calidade. A autoavaliación. Especial referencia ó ámbito bibliotecario.

20.-A organización: concepto e significado. Sistemas de organización. A estructura básica da organización. Mecanismos de coordinación. A súa aplicación nas bibliotecas.

21.-Xestión de equipos de traballo. Iniciativa e creatividade. Distribución do traballo e control de resultados. Xustificación e necesidade no ámbito da Administración pública.

22.-A formación como instrumento de profesionalización e mellora do servicio. Formación e promoción.

23.-Importancia da información na función administrativa. Sistemas de comunicación internos : elementos, funcións e circuítos de información.

24.-Concepto de informática. A informática para usuarios e como ferramenta de soporte no proceso administrativo. Conceptos informáticos básicos.

III.-Especialidade profesional de bibliotecas e arquivos.

25.-Bibliotecas universitarias: concepto e función. Situación das bibliotecas universitarias en España.

26.-Xestión da colección bibliográfica: selección e adquisición de libros, publicacións periódicas e fondos especiais nas bibliotecas universitarias. Criterios para a súa formación e mantemento.

27.-Xestión da colección bibliográfica: proceso técnico de libros, publicacións periódicas e fondos especiais nas bibliotecas universitarias. Normalización ISBD, ISBN e ISSN, ISO, etc.

28.-Formatos para almacenamento e transmisión de datos bibliográficos por ordenador. Formatos MARC: bibliográfico, de autoridades e de fondos. Catalogación compartida e catalogación derivada: fins, problemas e procedementos.

29.-A subministración de información na biblioteca: servicios de referencia, buscas bibliográficas automatizadas, difusión selectiva da información.

30.-O acceso ó documento orixinal. Accesibilidade dos fondos, préstamo, préstamo interbibliotecario e subministración de copias.

31.-Planificación e organización dos servicios ós usuarios dunha biblioteca universitaria.

32.-Estudio e avaliación dos usuarios dunha biblioteca universitaria. Propostas de actuación na formación de usuarios dunha biblioteca universitaria.

33.-Sistemas de avaliación da xestión e dos servicios dunha biblioteca universitaria.

34.-Interrelación da biblioteca co resto da actividade universitaria. Propostas de actuación. Difusión dos servicios da biblioteca co resto da comunidade universitaria e co exterior.

35.-Incorporación de novas tecnoloxías nas bibliotecas universitarias. Xestión do servicio de teledocumentación nunha biblioteca universitaria.

36.-Sistema de automatización para unha biblioteca universitaria.

37.-Organización dun catálogo colectivo de bibliotecas universitarias. Xestión e mantemento dun catálogo de autoridades nunha biblioteca universitaria.

38.-Impacto da automatización nas tarefas bibliotecarias e das novas tecnoloxías da información na Biblioteca.

39.-A cooperación bibliotecaria: sistemas e redes de bibliotecas universitarias en España. Posibilidades de cooperación das bibliotecas universitarias galegas co resto do sistema bibliotecario de Galicia.

40.-Planificación, organización espacial e equipamento de bibliotecas universitarias.

41.-Fontes de información impresas e automatizadas en ciencias sociais e humanidades.

42.-Fontes de información impresas e automatizadas en ciencia e tecnoloxía, e en biomedicina.

43.-Definición e obxectivos da bibliografía. Estado actual: o control bibliográfico universal.

44.-O sistema español de bibliotecas. Lexislación e competencia das distintas administracións.

45.-Concepto e función do arquivo. Clases de arquivos. O arquivo como unidade funcional. O arquivo da Universidade da Coruña nos seus estatutos.

46.-Tratamento e xestión dos documentos administrativos nas universidades.

47.-Transferencia de documentos e expurgo. Servicio de arquivo: información, certificación e consulta. Automatización das tarefas de arquivo.

48.-Organización administrativa dos arquivos españois. O acceso á documentación nos arquivos. Aspectos legais.

49.-Lexislación española sobre patrimonio artístico, bibliográfico e documental. A regulación da propiedade intelectual.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: José Ramón Soraluce Blond. Vicerrector de Extensión Universitaria.

Vocais: Ángeles Campos Rodríguez. Xefa do Servicio de Biblioteca e Arquivo Histórico.

Baudilio Barreiro Bayón. Catedrático de universidade de Historia Moderna

María José Gutierrez Calvete. Directora de Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, como representante sindical.

Secretario: Teresa Rodríguez Facal. Directora de Biblioteca da Facultade de Informática.

Suplentes.

Presidente: Víctor Manuel Cabrera Sánchez. Vicesecretario Xeral da Universidade

Vocais: Mª. José Lobeiras Fernández. Directora de Biblioteca da Facultade de Ciencias

Víctor Alonso Troncoso. Catedrático de Universidade de Historia Antiga

Ricardo García Mira. Xefe da Sección de Xestión de Persoal, como representante sindical.

Secretaria: Mª. Consolación Cubero Suárez. Directora de Biblioteca da E.U. de Enfermería.

9507696