Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Fernando Martínez Abella.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 21 de decembro de 1994 (BOE do 19 de xaneiro de 1995) para a provisión da praza número 058/1994 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Fernando Martínez Abella, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Martínez Abella, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 20 de novembro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-8007