Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995 pola que se anuncia a contratación dos servicios de mantemento do parque informático da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso público-procedemento aberto, por razón de urxencia.

Obxecto: contratación dos servicios de mantemento do parque informático da Xunta de Galicia, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, por razón de urxencia.

Prazo de execución: un ano.

Orzamento: 128.389.016 pesetas, IVE engadido.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Sudirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 2.567.780 ptas.

Fianza definitiva: 5.135.560 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 7, categoría D.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposiciónd terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na pranta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 26 días naturais, contados a partir do 12 de decembro, data na que se remite ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas para a súa publicación nel.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres día naturais, contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio que se publica no Diario Oficial de las Comunidades Europeas (DOCE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG) correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-08257