Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (140/1994).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que no xuízo de divorcio que se segue neste xulgado co nº 140/1994, dictouse a sentencia cun

encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e catro, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 140/1994 no que actuaron, como demandante, María Ofelia Fernández Calvelo co consentimento do seu esposo José Carlos Garaña Amieva, maiores de idade e veciños de Santiago de Compostela, representada a primeira pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida pola letrada Antonia Rodríguez López, designadas ambas de oficio.

Decido, que estimando a demanda presentada, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Ofelia Fernández Calvelo e José Carlos Garaña Amieva, e acordo o mantemento como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución as establecidas no preito de separación antes referenciadas, sen facer imposición das custas do procedemento. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal desta no rexistro civil. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado José Carlos Garaña Amieva, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9507945