Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a execución das expropiacións da obra: acondicionamento do leito do río Sar desde a Ponte de Meana ata a de Extramundi.

Adxudicatario: Tohiga, S.L.

Orzamento: 5.745.000 ptas.

Asistencia técnica para o desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia-Costa nas concas dos ríos Mero, Mandeo, Eume e Zona Costeira de Malpica.

Adxudicatario: CYGSA

Orzamento: 45.832.968 ptas.

Asistencia técnica para o estudio de alternativas e redacción do anteproxecto do saneamento e depuración na comarca do Salnés.

Adxudicatario: Coinur, S.L.

Orzamento: 9.450.000 ptas.

Asistencia técnica para asesoría técnica e legal en relación co dominio público hidráulico.

Adxudicatario: Carlos Martínez González.

Orzamento: 9.990.000 ptas.

Obras de servicios complementarios do polígono Agro-Industrial do Salnés.

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 8.990.504 ptas.

Abastecemento a parroquia de Paizás, 1ª fase (Ramirás-Ourense).

Adxudicatario: Lorvicón, S.L.

Orzamento: 21.723.611 ptas.

Saneamento en Codeso e Rodiño (Boqueixón-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 39.718.276 ptas.

Distribución de auga ós núcleos de Bergondo, segunda fase (A Coruña).

Adxudicatario: GAUXS

Orzamento: 55.251.551 ptas.

Abastecemento e saneamento a Bouza, Lebozán, A Ermida e Arnelas (Beariz-Ourense).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 30.549.000 ptas.

Amplicación da rede de abastecemento municipal (Bóveda-Lugo).

Adxudicatario: Antonio González Espina, S.A.

Orzamento: 13.163.326 ptas.

Abastecemento de auga a Samos e parroquias limítrofes, primeira fase (Lugo).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 31.253.110 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte

ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9508198