Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras de clave OH-LU-95.06.

Título do proxecto: OH-LU-95.06 Dotación de servicios básicos nos lugares de Sequeiros, Bendillo, Xestoso e Carballo de Hospital.

Orzamento: 17.500.000 ptas.

Clasificación: grupo E, Sub. 1, Cat. c.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administraccións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do día seguinte que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas; a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 12 de decembro de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

95-8183