Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha subestación transformadora no Castro que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: no subsolo do triángulo formado polas rúas Venezuela, Don Bonsco e Enrique Blein Budiño, no concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: subestación transformadora, subterránea, sita no Castro, concello de Vigo, que consta de 1 transformador de 50 M.V.A., relación de transformación 132/15 kV, 2 módulos de liña 132 kV, 12 saídas de liña a 15 kV, 1 módulo de protección do transformador.
Orzamento: 497.325.600 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de novembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-08150