Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (223/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, once de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 223/1995, seguidos por danos; sendo denunciante Fernando Tomás Cabaleiro Salgado, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada José Franqueira López, maior de idade e a entidade Construcciones Neor, S.A., sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Fernando Tomás Caballero Salgado e a entidade Construcciones Neor, S.A. da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que haberá que interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Fernando Tomás Caballero Salgado, o cal se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dez de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7589