Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nos autos de xustiza gratuíta 102/1995, por medio do presente edicto notifícase a sentencia dictada nestes, que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Santiago de Compostela, sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais nº 102 de 1995, seguidos polas normas do xuízo verbal civil, por dependencia do proceso de familia nº 97/1995, entre partes, dunha, como demandante, Begoña Elizabeth Aloy Nguema, maior de idade, casada, veciña desta cidade, con domicilio en San Marcos-Bande, nº 21, representada en quenda de oficio polo procurador Caamaño Frade, asistido do letrado Lago Calvo, e doutra, como demandado, Hilario Ricardo Komba Divany, en paradoiro descoñecido, incomparecido en autos, con intervención do letrado da Xunta de Galicia, sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido: que debo declarar e declaro o dereito a xustiza gratuíta de Begoña Elizabeth Aloy Nguema, co obxecto de interpor demanda de separación conxugal, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 LAC, e declaro as custas de oficio. Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal e fágaselles saber ás partes que non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Hilario Ricardo Komba Divany, declarado en rebeldía, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistardo xuíz

Rubricado

A Secretaria

Rubricado

7625