Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

Os apartados 1 e 2 da base cuarta da resolución de este centro directivo do 19 de xuño de 1995

(DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, traballador social, cociñeiro, electricista, telefonista, mecánico, calefactor, ATS/DUE, fisioterapeuta, TEL, TER, e TEAP, prevén que, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias para cada unha das categorías convocadas e clasificadas e revisadas estas, esta dirección xeral dicte resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das ditas categorías, así como a súa publicación. Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o acceso ás devanditas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

Segundo.-As listas coa relación de aspirantes admitidos e excluídos, coas correspondentes causas de exclusión, poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8.

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Cuarto.-Durante o período de tempo indicado no apartado anterior e co obxecto de que os interesados soliciten as aclaracións que sexan necesarias en relación coa súa admisión ou, se é o caso, exclusión,

existirá un teléfono de información número (902) 23 96 53 entre as 16 e as 19 horas de luns a venres.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

95-7624