Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 24 de novembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 10 de marzo de 1995 (DOG número 60, do 27 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 10 de marzo de 1995 (DOG nº 60, do 27 de marzo), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 10 de marzo de 1995 (DOG nº 60, do 27 de marzo de 1995).

Segundo.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

9508166