Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial, dos expedientes sancionadores P-150/1995 e P-287/1995, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réximen xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 o 117 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sin que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do plazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do plazo señalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

-Expediente nº P-150/1995.

Denunciado: Germán López Vega.

Enderezo: Padriñan, 50-Sta María de Vilar-Sarria-Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca carecendo de licencia, debendo aplicarse a agravante de reincidencia.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 150.000 ptas. de multa, e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-287/1994.

Denunciado: Ibérica de Minicentrales, S.A.

Enderezo: Cuesta Blanca, 42 - Alcobendas, 28100 Madrid.

Feito denunciado: provoca-la morte constatada con data 5-12-1994, dunha troita, duas anguías e nove bogas, debido a que foron sacadas da auga polo mecanismo eléctrico de limpeza da reixa do canal de derivación da minicentral de Pé de Viña-Trabada-Lugo, río Eo.

Precepto sancionador: 34.32º.

Sanción: 300.000 ptas. de multa e 3.350 de indemnización.

Lugo, 8 de novembro de 1995

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9507770