Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor do expediente sancionador P-159/95.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de

15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio Técnico Xurídico da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Ronda da Muralla, 197-2º, Lugo, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

ANEXO I

Expediente nº P-159/95.

Denunciado: Secundino Villaverde Flórez.

Enderezo: Juan de Austria, 28-2º D, Raíces N.-Castrillón (Asturias).

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño, tendo no seu poder 4 troitas de tamaño inferior ó regulamentario.

Precepto sancionador: 33.9º.

Multa: 5.000 ptas. de multa e 4.000 ptas. de indemnización.

Lugo, 8 de novembro de 1995.

José Angel Madarro Río

Instructor do expediente

7944