Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, de notificación da resolución do procedemento sancionador de montes 36/1994 da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolveu publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei de montes do 8 de xuño de 1957, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas

e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P. no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordante da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador nº 36/1994-C.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: corenta e sete mil (47.000) pesetas.

Denunciado: Manuel García Eiras.

DNI nº: 32.182.818.

Enderezo: Estrada de Eirís, 15-3º C, A Coruña.

95-7771