Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (511/1992).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo nº 511 de 1992, notifícaselles ós demandados rebeldes María Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez a sentencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 511 de 1992 entre partes, dunha, como demandante, a Caixa de Aforros Muni

cipal de Vigo, Caixa Vigo, domiciliada en Vigo, representada en autos polo procurador García-Piccoli Atanes, asistido do letrado Franco Grande, e doutra, como demandados, María del Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez , maiores de idade, os dous en paradoiro descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre préstamo persoal.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra María del Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da suma principal de 1.303.883 ptas., mailos gastos, xuros pactados e legais, sen prexuízo de ulterior liquidación e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, á que lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber a ámbalas partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación ós demandados María del Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela, o seis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7586