Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo verbal civil nº 133/1995, notifícaselle ó demandado Enrique Pena Míguez a sen

tencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil seguidos neste xulgado baixo o nº 133 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, José Eugenio Rodríguez Boullón, maior de idade, solteiro e veciño de Vigo, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Magallanes Pereira, e doutra, como demandados, Autobuses de Calo ( HEDEGASA S.L.), domiciliada nesta cidade, representada en autos polo procurador Fernández Rial, Enrique Pena Míguez, maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio na rúa Estrada, nº 63, e a entidade Allianz Ras Seguros, esta última incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por culpa extracontactual.

Decido: que rexeito a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de José Eugenio Rodríguez Boullón, contra a entidade HEDEGASA, S.L. (Autobuses de Calo), á que representa o procurador Fernández Rial, Enrique Pena Míguez e a entidade aseguradora Allianz Ras, S.A., esta última incomparecida e en situación procesual de rebeldía; e debo absolver e absolvo os demandados das pretensións contra eles deducidas e condeno o demandante ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Enrique Pena Míguez, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7563