Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (109/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de cognición nº 109 de 1995, notifícaselle á demandada Sara Martínez Seoane, a sentencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de cognición, seguidos neste xulgado baixo o nº 109 de 1995, entre partes, dunha, como demandante Banco Pastor S.A., domiciliado na Coruña, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado García Fernández, e doutra, como demandada, Sara Martínez Seoane, que foi veciña desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido: que admito a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación do Banco Pastor, S.A., contra Sara Martínez Seoane, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno a demandada a que satisfaga á mercantil demandante a suma de 167.513 ptas. mailos xuros legais desde a interpelación xudicial, e ó pagamento das custas causadas, e manterase o embargo acordado na súa oportunidade.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada Sara Martínez Seoane, declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela, o seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7564