De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a elas tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince
días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado a Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
do posto académica/
Formación
específica
de Compostela
de Compostela
de Compostela
ANEXO I
Código do posto N. C. espec. Gr Corpo Denominación
Dependenc. Localidade Titulación
AGC050000215770001 30 2.153.777 A Especial Sub. Xeral Def. Contra Inc. For. Direc. Xeral Montes e MAN. Santiago
AGC030000215770007 28 1.583.674 A/B Xer./Exp. Xefe Serv. Infraest. Rural Direc. Xeral Estr. e D.R. Santiago
AGC040000015770018 28 1.583.674 A/B Xer./Esp. Xefe Serv. Def. Calidade Agroal. Dir. X. Prod. Agrop. e I.A. Santiago
AGC991000036001130 28 1.330.281 A/B Especial Xefe Servicio Supervi. Proxectos Delegación Provincial Pontevedra
7566