Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001791/95 interposto por Manuela Esther Castelos Paredes.

O 10 de novembro de 1995, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001791/95, interposto por Manuela Esther Castelos Paredes, contra resolución da Dirección General de Ordenación Educativa e Centros do 30 de agosto de 1995 desestimatoria do recurso ordinario contra outra do 5 de maio de 1995, sobre instruccións para a adscrición de profesorado do ciclo superior de EXB afectado pola implantación de 6º de educación primaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artígo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

8048