Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.370

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (123/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas núm. 123/1995, a pedimento de Ana Isabel Hernández Vallejo, contra Manuel Gándara Rodríguez, e nas súas actuacións dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na cidade de Santiago de Compostela o 20 de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción núm. dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de

ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas núm. 123/1995, sobre furto, no que foron partes, como denunciante, Ana Isabel Hernández Vallejo, e como denunciado Manuel Gándara Rodríguez, coas circunstancias persoais que constan en autos, e o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Gándara Rodríguez da falta da que se lle denunciou neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 785 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación a Manuel Gándara Rodríguez, expido e asino en Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7587