Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, na sesión celebrada o día 3 de novembro de 1995, aprobou, con carácter inicial, un documento redactado polos servicios técnicos municipais, que contén diversas modificacións do PXOU nos seguintes aspectos:

a) Definición do concepto de semisoto e modificación puntual do Art. 6.2.21 das ordenanzas do PXOU, derivada da introducción deste concepto.

b) Modificación do punto 8 nas ordenanzas 2 e 3, intruducindo unha posibilidade excepcional de situa-las edificacións a máis distancia da aliñación oficial mediante a tramitación dun estudio de detalle.

c) Modificación do ámbito da U.A. 63 e cambio da súa cualificación.

d) Reaxuste dun vial existente no PXOU e a súa conexión ó sistema xeral coa creación dun novo vial a través dunha unidade de execución que se delimita como U.E.-1 da zona de Vilaboa.

e) Incorporación do vial denominado r/ Eduardo Blanco Amor nas Brañas.

f) Incorporación do vial denominado r/ Mosteiro de Sobrado en Acea da Ma.

Durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais e presentarse as alegacións que se consiederen pertinentes.

Culleredo, 10 de novembro de 1995.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde de Culleredo

7856